Trilho dos Moinhos de Parada

.

pdf en castelán: Trilho dos moinhos de Parada

pdf dop mapa: Trilho dos moinhos de Parada

.

SITUACIÓN: Concello de Ponte da Barca (Portugal)

PUNTO DE PARTIDA: Parada

ACCESO: Seguindo a N – 540 a carón do encoro de Lindoso, cruzamos a fronteira da Madalena para entrar en Portugal. Axiña atopamos Lindoso e un quilómetro máis adiante está Parada.

HORARIO: De 4 a 5 horas DESNIVEL: 120 m DISTANCIA: 7 km DIFICULTADE: Baixa TIPO DE ROTA: Circular MAPA:

SINOPSE: O “Trilho dos Moinhos de Parada” é unha rota pedestre de pequeno recorrido (PR), marcado e sinalado segundo as normas internacionais. Esta camiñada realízase no típico lugar de Parada, na freguesía de Lindoso, concelho de Ponte da Barca.

DESCRICIÓN DA ROTA: A rota comeza xunto a estrada, onde se atopa unha placa indicativa deste itinerario. Dende esta punto, xa a pé, seguimos pola estrada collendo dirección a Cidadelhe. Despois de 600 m xiramos a dereita por un camiño que nos conducirá a pequena chaira elevada de Chao da Cabeça. O camiño de terra condúcenos fora do poboado levándonos entre terras de viñedos, bordeando polo alto do escarpado e serpeante río Lima. Pasado algún tempo o camiño de terra convértese en carreteiro, un camiño empedrado por onde pasaban os carros tirados por bois, o cal nos leva ata a beira do río.

Aquí podemos refrescarnos nas súas augas cristalinas e frescas aproveitando ao mesmo tempo para descubrir entre a densa vexetación os vellos e abandonados muíños de auga. Esta paraxe encerra unha grande beleza e interesantes especies de flora e fauna autóctonas.

Despois de cruzar unha cancela que se atopa no medio do camiño, seguimos unha pista ascendente que nos conducirá novamente a estrada. Dende aquí, seguimos en dirección a Parada, virando á esquerda. Pasados uns metros collemos un camiño descendente que se atopa tamén a nosa esquerda, levándonos a camiñar xunto ao río onde poderemos observar un segundo conxunto de muíños de auga. Logo despois atravesamos a estrada seguindo o camiño, máis non deixaremos de visitar unha fantástica piscina natural coñecida como Poço da Gola, o cal constitúe un espacio único.

Continuamos o camiño deixando pouco a pouco atrás a poboación para entrar nun ambiente de montaña, por camiños empedrados e sendeiros de pastores. Temos de fondo a Serra Amarela, e, xunto cos montes que nos rodean, chans e formacións xeolóxicas constitúen uns elementos que adornan a paisaxe en terras de LIndoso.

Logo de atravesar unha pequena chaira por un sendeiro de pastores, seguimos o camiño de laxe descendente por entre manchas de carballos delimitadas por muros de pedra solta que nos levará novamente ao lugar de Parada. Aquí podemos visitar a típica e rústica aldea, a cal aínda alberga un conservado patrimonio arquitectónico. Despois de algún tempo damos por rematado este paseo, no lugar onde comezamos