pdf en castelán: Torrente. Clamadoira. Salgueiro.
pdf do mapa: Torrente Clamadoira
.
SITUACIÓN: Concellos de Muíños e Lobios (Ourense)
PUNTO DE PARTIDA: Muíños de Torrente
ACCESO: Dende Lobios pola estrada que bordea o encoro das Conchas en dirección a Muíños
HORARIO: 5/6 h DESNIVEL: 380 m
DISTANCIA: 18 km
DIFICULTADE: Media TIPO DE ROTA: Travesía MAPAS: I.G.N. – 301 – II – III – IV
SINOPSE: Rota de acceso restrinxido, polo que, para visitar a aldea de Salgueiro precísase dunha autorización. Os intereses desta rota son os etnográficos, paisaxísticos, botánicos e faunísticos.
DESCRICIÓN DA ROTA: A rota comeza nos muíños de Torrente, onde collemos o sendeiro cara a casa rectoral de S. Pedro. O percorrido continúa polo sendeiro que sae fronte ao edificio, na outra beira da estrada, que de xeito lixeiramente ascendente lévanos a poboación de O Agrelo, a cal atravesamos para chegar a Picós recorrendo unha zoa de bosque autóctono ben conservado.
Deixamos Picós por un camiño de formigón que nos leva novamente ata un sendeiro, pola parte superior dun regato rodeado dunha zoa de bosque de ribeira. Continúa a rota deixando a dereita do camiño un bosque de considerables dimensións formado por carballos, castiñeiros e sanguiños acompañados de matueiros.
Abandonamos esta zoa de bosque e o sendeiro condúcenos de forma ascendente ata a ermida da Clamadoira dende onde podemos observar unha bela panorámica do río Limia. Aquí temos unha fonte na que podemos coller auga.
Cruzamos a estrada collendo un sendeiro que nos leva a través dunha zoa de monte baixo, ata Prado, atravesando antes unha poza de regadío. Podemos gozar nesta aldea da arquitectura popular e do seu forno comunal rehabilitado polo Parque Natural, atoándose neste punto o único pino piñoneiro da comarca.
A saída desta aldea, cruzamos o río Salas por unha ponte de pedra e seguimos pola beira do río entre vexetación de ribeira, contemplando nesta zoa varios muíños, algún deles aínda en funcionamento.
Abandonamos a beira do río Salas para xirar á dereita tomando o curso do Torrente Salgueiro, que baixa bruscamente entre rochas. Tras pasar unha zoa de piñeiros chegamos a unha pista forestal, a cal cruzamos, para acceder pola marxe do mesmo regato a aldea de Salgueiro, abandonada polo seus moradores a mediados do século XX e actualmente propiedade da Xunta de Galicia, que está restaurando dito lugar.
Chégase a Salgueiro polo antigo camiño, preto da antiga albariza e igrexa do pobo. Podemos visitar o muíño e o seu forno. Unha vez visitada a aldea onde podemos refrescarnos saímos en dirección oeste cara a Gandarachá, unha chaira que deixamos para baixar polo camiño que conduce a poboación de Albite. O itinerario baixa por un sendeiro entre muros de fincas e vainos achegando a Cela, xa no concello de Lobios, entre grandes bolouros de granito que se funden coas casas e cortes do gando.
Nesta aldea damos por rematada esta fermosa camiñada
