Sierra del Escudo (Cambera de Los Moros)

pdf en castelán: Sierra del Escudo de Cabuérniga

pdf do mapa: Sierra del Escudo de Cabuérniga

SITUACIÓN: Valdáliga, Cabezón de la Sal, Ruente e Cabuérniga (Cantabria

PUNTO DE PARTIDA: San Vicente del Monte (317 m)

ACCESO: A San Vicente del Monte chégase dende a estrada N – 634 desviándose a altura de Treceño pola comarcal CA – 851. San Vicente del Monte está a 5,5 km de Treceño.

HORARIO: 5/6 h DESNIVEL: 550 m

DISTANCIA: 16 km DIFICULTADE: Media

TIPO DE RUTA: Circular MAPA: I.G.N. – 57 – II

SINOPSE: As principais características desta ruta son as paisaxísticas, florales e faunísticas. Os amplos e profundos vales onde se asentas a maioría das poboacións quedan delimitados por importantes cadeas montañosas. A serra do Escudo de Cabuérniga encerra recunchos autenticamente salvaxes onde conviven animais e plantas en comprida armonía. Entre as plantas sobresaen faias e carballos, acivros, breixos e fentos, mentres que pola banda animal, os corzos son a principal poboación, existindo tamén, lebres, azores, mouchos e martas así como un número moi grande de paxaros de talla pequena que de seguida se deixa ver aos excursionistas.

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos camiñando dende o albergue (317 m) en dirección leste a través do val do río San Vicente. Despois duns dous quilómetros e medio chegamos aos invernais de San Ciprián ( 409 m) onde o camiño cambia a dirección sur leste cara a braña de Las Tiesas (530 m), chegando xa a encumarnos no alto da serra de El Escudo.

Poderíamos seguir toda a liña da serra en dirección oeste pero baixamos cara ao sur ata conectar cunha pista que nos vai levar ao monte . Vamos sen desniveis apreciables ata un gallamento do camiño. Neste lugar collemos á esquerda para baixar ata a seguinte bifurcación onde conectamos coa pista que ve de Ruente.

Unha vez nesta galladura, damos un xiro a dereita (O) para seguir por cómodo trazado o regato do Monte Aá. A pista comeza a gañar altura despois de unha curva a dereita pasando preto da Casa del Toro Roza (330 m), fai outra curva cerrada a dereita para seguir subindo a través do bosque de caxigueiras con faias, onde temos as árbores singulares como o Caxigo Cubilón.

Continuamos agora por cómoda subida ata o Collado del Monte Aá (577 m) onde temos varias brañas espalladas polo entorno. Un cartel indica a dirección ás alturas da serra polo que temos que coller á dereita. O camiño fai un par de amplas revoltas antes de comezar o chan baixo o cordal. De seguida atopamos un desvío á esquerda que, xa por terreo despexado, remonta en diagonal a ladeira ata o cimbro de La Alisa.

Á esquerda temos o Cueto Herranz García (869 m) sinalado cun pequeno cartel de madeira. Dende este balcón natural, a paisaxe ábrese en todas direccións: Comillas, Oyambre, a ría de San Vicente de la Barquera polo norte e os Picos de Europa, Peña Sagra, Saja, etc., polo sur é todo un espectáculo que pode entreternos un bo tempo.

Proseguimos a andaina camiñando en dirección oeste ata atopar o antigo camiño de orixe romano que atravesaba esta serra. Baixamos agora pola ladeira norte da serra pola calzada chamada Cambera de los Moros que nos vai depositar nunha pista a altura de Las Majaucas (320 m).Vamos a dereita seguindo a canle do río Escudo para chegar de novo a San Vicente del Monte.

Etiquetas: , ,