.
pdf en castelán : Los Calderones
.
SITUACIÓN: Comarca de Luna – Carrocera (León)
PUNTO DE PARTIDA: Piedrasecha
HORARIO: 5/6 horas DESNIVEL: 737 m
DISTANCIA:18 km DIFICULTADE: Media
TIPO DE ROTA: Circular MAPA: I.G.N. – 103 - III - 129 - I
DESCRICIÓN DA ROTA: Esta rota comeza en Piedrasecha, onde collemos un sendeiro paralelo ao río. Destaca unha gran rocha silícica, moi chamativa polos liques amarelos que a colonizan; é o Serrón. Axiña chegamos a fonte do Manadero e un pouco máis aló a cova das Palomas que aloxa unha sinxela capela rupestre dedicada a Nuestra Señora del Manadero, cuxa romaría se celebra o último domingo de xullo, congregando ós veciños de toda a comarca.
Ó seguir camiñando, observamos que o río xa non flúe pola superficie, senón que a súa circulación é subterránea, fenómeno moi característico en terreos de natureza calcaria. Así cruzamos todo o desfiladeiro, entre paredes verticais que nalgúns puntos case chegan a tocarse. O camiño progresa agora polo leito do regato, entre cantos rodados e marmita xigante.
Temos unha cancela, que atravesamos, e ao saír dos Calderones aparecen bosquetes de mostaxos, escornacabras e carballos nas ladeiras, que contrastan cos salgueiros do rego, que de novo vemos correr pola superficie. Atopámonos no Monte de la Ribera, onde se producía a cal nos caleiros.
Aparece o lugar de Santas Martas, situado nunha ampla veiga, onde queda unha cabana e un cercado de pedra. Neste lugar houbo unha aldea con abadía, cuxa ermida parece corresponder aos restos que aínda hoxe quedan en pé. Esta veiga aproveitase agora para pastos no verán.
Desde Santas Martas o camiño continua subindo pouco a pouco para pasar polo cimbro do Fito. A paisaxe, agora, é completamente diferente ao ir ganando altura, as vistas fanse moi fermosas. A dereita queda o cume do Amargones (1.897 m.) o cal podemos visitar para logo baixar as veigas do Palombar, ampla depresión tapizada de praderías onde antano subían o gando os transhumantes.
Na veiga volve a facerse patente a acción do karst, forma de erosión da caliza pola acción combinada da auga e o CO2 atmosférico.
Baixamos de novo a Santas Martas e dende aquí polo camiño de subida volvemos a Piedrasecha, lugar onde comezamos a rota.




