.
pdf en castelán: Foces del Pendón
.
SITUACIÓN: Nava (Asturias)
PUNTO DE PARTIDA: Fuensanta
ACCESO: Dende a estrada N – 634 moi preto de Nava
HORARIO: 4 – 6 horas DESNIVÉIS: 380 –25m
DISTANCIAS: 12–16 km DIFICULTADE: Baixa – Media
TIPO DE ROTAS: Circulares MAPAS: I.G.N. –30–III–54–I
SINOPSE: Sinxela camiñada polo concello de Nava seguindo as marcas do sendeiro AS – PR – 45. O río Pendón que durante milenios afuracou, no seu curso medio, esta fantástica entalladura sobre as ladeiras dos picos Múa e Varallonga, nace nos estribamentos orientais de Peña Mayor. O pico Varallonga (865 m) é o vértice xeodésico onde remata un dos desfiladeiros máis fermosos da rexión.
DESCRICIÓN DA ROTA: A rota comeza xunto a planta engarrafadora de Fuensanta (240 m), ao outro lado do río. O percorrido perfectamente sinalado con pinturas brancas e marelas lévannos por unha pista, momentaneamente paralela ao río, logo, no primeiro cruce collemos á esquerda. Temos un pequeno repeito e de seguida aparece un camiño a esquerda con un indicador a Los Fornos. Nosoutros vamos de fronte seguindo as sinais que nos conducen a Mayau Pastor. O camiño todo para arriba, non debe asustar a ninguén, pois sen presas, sóbese perfectamente. Vanse abrindo as panorámicas e así achegámonos a La Vallorita (340 m), lugar dende o cal podemos contemplar ao lonxe as aldeas do val de Piloña e o seu afluente o Fuensanta. Seguimos subindo aparecendo o pico Cantu Tableu a dereita indo agora por unha pequena baixada que da no chan de Tableo (500 m), onde preto do camiño temos unha fonte. Temos tramos, nos sitios máis pendentes, de formigón aparecendo entonces a braña de Los Xierrapos (600 m). Continuamos sen perda a camiñada preto da zoa pastoril de Entresierres, (650 m) que nos queda a nosa dereita para logo pasar xunto a outra fonte, aparecendo de seguida a braña, Cantu Corral (590m). Un sendeiro xurde pola dereita pero o noso itinerario segue pola pista principal subindo comodamente ata a braña de Pastos e Mayau Pastor.
Aquí temos a opción para subir ao pico Varallonga. Para iso, xunto a primeira cabana de Mayau Pastor (620 m), collemos un camiño moi ven sinalado con marcas vermellas cara a Les Praeres. Pasamos un intricado bosque en dirección sur oeste ata que chegamos xunto a unha cabana en ruínas. Dende alí comeza a fácil ascensión ao pico Varallonga.
O cume (865 m) con chanto xeodésico e buzón, é un bo miradoiro sobre a comarca de Nava, Piloña e a Sierra de Peña Mayor.
De volta en Mayau Pastor, seguimos o indicador de Foces del Pendón, camiño que nos leva á Boca de la Canal (600 m) onde comeza unha serie de reviravoltas que nos depositarán na ponte do rego Bomalo o cal cruzamos acometendo, logo, unha pequena subida. Este lugar é do máis atractivo da rota, debaixo de centenarias faias e cruzando de novo por unha ponte de madeira no lugar de Les Meceures, que en realidade é unha captación de auga.
A partir de aquí comeza o desfiladeiro feito polo río, nosoutros non temos máis que seguir polo camiño de servicio da captación. Este camiño vaise afastando do río ata acadar o cimbro de Los Fornos (357 m) con unha caseta e un bebedoiro. O sendeiro agora comeza a baixar meténdose na bagoada, e aparecendo unha paisaxe de árbores centenarios, especialmente castiñeiros. Seguimos baixando ata o lugar do comezo da camiñada.
Etiquetas: Asturias, Piloña, Sendeirismo