Caín – Torrecerredo (2.649 m) - Caín

.

pdf en castelán: Cain-Torrecerredo-Cain

.

SITUACIÓN: Parque Nacional de Los Picos de Europa (Macizo Central)

ACCESO: Pola estrada que sube dende Cangas de Onís ao porto de Pontón, logo aquí collemos a esquerda polo porto de Panderruedas a Posada de Valdeón e Caín.

HORARIO: Entre 14 e 15 horas DISTANCIA: 20km

TIPO DE ROTA: Circular                   DIFICULTADE: Alta

DESNIVEL: 2.400 m. de subida e outros tantos de baixada.

DESCRICIÓN DA ROTA: 1ª parte

0,00 Caín. Tomamos a senda do Cares e seguímola ata Puente Bolín. Un pouco antes de acadar a ponte, a altura dos restos do antigo Puente de Trea, trepar unha curta e fácil pasaxe entre rochas que dominan o camiño para coller un sendeiro que sube rapidamente cara a Canal de Recidroño. O sendeiro da unha volta antes de chegar e entrar na canle (próximo a Fuente Prieta) e cambia de rumbo cara o sur para bordear un espolón rochoso.

O camiño tallado na rocha facilítanos o paso (La Tranvía). Agora entramos nunha ancha canle con algunhas faias na súa parte alta. O sendeiro vai zigzagueando ata encaixonarse nunha estreita canle secundaria a dereita. O camiño aquí é aéreo i espectacular, tallado na mesma rocha, pero de seguida saímos a unha amplitude da Cuesta Duja¸ tras superar un pequeno cimbro.

1,20 El Pardo. O sendeiro, moi pouco marcado, cruza horizontalmente a parte inferior da Cuesta Duja e chega sen dificultade a un primeiro cimbro a modo de terraza con unha grande pedra plana (Colladín del Descanso). Proseguimos atravesando sen perder altitude cara a outro cimbro próximo (Collada del Cuebre) a cal marca a entrada na Canal de Ría. Baixamos algúns metros por esta fonda canle e pasamos a vertente oposta para dirixirnos a entrada dunha escondida canle que sube en forte pendente ata un cimbro que case non se ve, el Horcado del Turonero (a mellor referencia e un torreón marelo que se levanta no medio da canle a poucos metros do cimbro).

Subimos a todo o largo da canle, evitando a esquerda un resalte que parece cortarnos o paso a altura do mencionado torreón. Aquí e difícil de orientarse, xa que non queda rastro do antigo camiño.

2,00 Horcado del Turonero. Unha vez superado este escondido paso vemos as cabanas de La Quíntana e Pando Culiembro ao outro lado do mesmo. Baixamos uns cantos metros para xirar a dereita e así entrar na Canal de la Piedra Bellida, angosta e de forte pendente. Un pouco máis enriba, nun punto onde a canle e máis estreita, esta ramifícase. Collemos o ramal da esquerda o cal se vai abrindo ata converterse nunha ancha rampa.

3,00 Collado de Cerredo. Atravesamos cara a este por enriba de Monte Llué e sen necesidade de chegar ata a Majada de Amuesa, vamos subindo en diagonal atravesando a ampla Cuesta del Trave e rodeando os cuetos do mesmo nome.

Xa no alto desta ladeira, coroamos os contrafortes que baixan dos Traves, entonces baixamos algúns metros atravesando llambrias de forte pendente para entrar nunha caótica zona de torcas e vales pequenos (Jou Lluengo). O camiño aquí está sinalado con fitos e pintura vermella dende Amuesa o cal e convinte non perder para non ter que facer uso das mans máis do necesario. O camiño vai moi alto, mesmo debaixo dos Cuetos del Trave e sérvenos de referencia a boca dunha cova de forma cadrada que se ve nos murallóns orientais, cara a cal debemos ir seguindo o fondo dun pequeno val. Logo o trazado e case horizontal, salvando unha curta subida na que temos que trepar para acadar unha pequena brecha. Temos unha corda fixa para facilitarnos o paso.

Despois de perder uns metros na vertente oposta, atravesamos por aéreas cornixas (outra corda no paso máis delicado) e acadamos un cimbro tras o cal atópase xa o Jou de Los Cabrones.

5,45 Refuxio de J.R. Lueje. Neste paraxe do máis agreste de Picos, temos un refuxio onde podemos solicitar algo de bebida e comida a parte de unha fonte de augas tremendamente frías.

DESCRICIÓN DA ROTA: 2ª parte

0,00 Refuxio de J.R. Lueje. Comezamos recorrendo a dobre depresión de Jou de Los Cabrones e saímos ao remate por unha canle que se abre a nosa esquerda (E). Chegamos así a un cimbro entre dous furados, máis non baixamos se non que seguimos pola dereita a outro cimbro un pouco máis alto detrás do cal ocúltase o Jou Negro. Proseguimos polo alto do ancho lombo pedregoso que ven da Torre de Labrouche e rodeamos esta torre pola esquerda (E).

Así entramos sen perder altura no Jou de Cerredo a unha altitude media entre o fondo e o cume da Torre de Cerredo. Remontamos a accidentada ladeira Este do jou, composta por llambrias e llastralezas.

2,50 Ascensión a Torrecerredo. E a montaña raíña da Cordilleira Cantábrica (2.648 m.) que nos permite as mellores panorámicas e sen dúbida un dos cumes máis visitados de Picos de Europa.

Unha vez situados fronte a parede SE da montaña, subimos buscando o mellor itinerario a través dun terreo bastante caótico de llastrales e pedreiros. A dereita da vertical do cume ábrese unha canle que está normalmente ocupada por un neveiro. Trepamos por esta canle durante uns poucos metros e o chegar a un gran bloque que nos zarra o paso, debemos trepar uns poucos metros pola dereita para así evitalo e logo sobre del atravesar para entrar de novo na canle. Esta desaparece de seguida, entón temos que pasar a esquerda para trepar por unha sucesión de estreitas viras escalonadas que en diagonal nos levan a unha pequena brecha. Atravesamos esta brecha e tomamos unha pequena canle que de seguida nos conduce a cresta cimeira.

Baixamos polo mesmo camiño e continuamos a travesía das ladeiras orientais de Jou de Cerredo para chegar sen perder moita altura a Horcada de Don Carlos, a cal se abre no extremo sur da depresión. Para acadar esta horcada pode ser necesario usar ambas mans en algúns tramos.

Atravesamos a Horcada de Don Carlos e baixamos por o pedreiro da vertente oposta (S) con tendencia cara a dereita para gañar a veciña Horcada de Caín. Descendemos ata o Hoyo Grande seguindo o camiño que atravesa diagonalmente os pedreiros que caen de Tiro del Oso. Unha vez no fondo do Hoyo Grande, atravesámolo en toda a súa lonxitude ata saír del polo seu extremo noroeste.

4,25 Gargantada del Hoyo Grande. A partir de aquí comeza o largo descenso pola Canal de Dobresengros (a máis longa de Picos). O trazado e máis ou menos directo o comezo, evitando a dereita e esquerda os resaltes máis importantes. A media canle, esta córtase, entón e preciso desviarse a esquerda (O) para ir buscando saída por unha estreita canle lateral (El Canalón). Baixamos por este incómodo pero curto canalón que nos conduce a unha pequena pradeira cerrada nun pequeno circo. Dende aquí xa solo queda seguir un sendeiro que sen perda condúcenos ata Caín, atravesando os flancos setentrionais da parte inferior do val e pasando por Sedo Mabro para chegar ata a aldea.

6,15 Caín.

Etiquetas: , , , , ,