Arredores de Monterroso

.

pdf do mapa: Monterroso

pdf en castelán: Alrededores de Monterroso

.

SITUACIÓN: Concello de Monterroso (Lugo)

PUNTO DE PARTIDA: San Miguel de Penas

ACCESO: Pola N – 640 que une Lalín con Lugo, a altura de Vilar cóllese un ramal que nos achega a San Miguel de Penas.

HORARIO: 5 horas DISTANCIA: 16 km

DIFICULTADE: Baixa TIPO DE ROTA: Circular 

MAPA: I.G.N. – 123 – I

SINOPSE: Esta rota, con escasos desniveis, transcorre pola coñecida comarca de A Ulloa, con paisaxes agrícolas e gandeiros, con bastantes restos de bosques autóctonos e con numerosas mostras de arquitectura popular moi interesantes. Ao longo desta camiñada coñeceremos as casas - fortalezas de San Miguel de Penas e de Cumbraos, visitaremos a igrexa románica de Novelúa e pasaremos polo castro de San Pedro de Vilanova, onde se observan tumbas antropomórficas sen ningún tipo de indicación. Cabe destacar, por último, outras mostras de arquitectura popular galega como unha ponte de laxas situada preto de Cumbraos e Arxona, en bo estado de conservación.

DESCRICIÓN DA ROTA: Comezamos a camiñar xunto a portada da pequena igrexa románica encostada a fortaleza, que deixamos as nosas costas, quedando así a casa de turismo rural a esquerda. Por unha pista asfaltada seguimos uns 300 m. ata acadar a primeira curva, da que parten dous camiños de fronte. Evitamos o que sae xusto na curva para coller o segundo, a uns 10 m a dereita do primeiro. Imos uns 500m polo camiño ata dar noutra pista asfaltada.

Xiramos a dereita e seguimos uns 20 m para localizar a nosa esquerda un segundo camiño que segue a dirección que traía o anterior. Por este segundo tramo camiñaremos outros 500 m ata conectar perpendicularmente con outra pista asfaltada.

Seguimos agora por esta pista a dereita durante 300 m no que chegamos a un cruce. De fronte vemos xa os casaríos de Arxona; en dou deles veremos unhas curiosa placas conmemorativas nos portóns de entrada.

Adentrámonos neste pequeno núcleo uns 100 m, onde unha rúa de aspecto rural xira a esquerda e nos leva cara a un antigo lavadoiro que veremos a nosa esquerda, interesante exemplo de arquitectura popular. Dende este punto seguimos na mesma dirección, deixando unha casona a nosa dereita mentres nos achegamos a un pequeno bosque por un estreito camiño.

Nesta zoa boscosa debemos prestar atención porque, inicialmente veremos un sendeiro que sae cara a dereita, pero un pouco mais adiante temos unha bifurcación en forma de Y. Colleremos neste punto o ramal dereito que mantén a dirección este – oeste, que debemos seguir.

O ramal elixido acércanos a unha zoa repoboada con pinos para alcanzar mais tarde un gran prado a nosa dereita, ensanchándose entonces o camiño que nos leva a entroncar perpendicularmente con unha estrada no lugar de Mularedo, xunto a unhas casas.

Cruzamos esta estrada seguindo de fronte por unha pista asfaltada que arranca neste cruce e por ela continuamos outros 500 m. Vemos Monterroso a nosa esquerda a uns dous quilómetros.

Neste punto alcanzamos outra estrada. O ramal da esquerda ven de Monterroso. Xiramos a dereita continuando pola marxe desta estrada uns 100 m.

Deixamos esta estrada collendo unha pista asfaltada a nosa esquerda continuando por ela 200 m, ata unha curva a esquerda na cal vemos un pequeno camiño que segue de fronte mantendo a dirección que traíamos. Seguiremos este camiño uns 600 m sen desviarnos por ningún dos ramais que aparecen a esquerda ou a dereita. Axiña alcanzamos un bosque con carballos e castiñeiros.

A pista desemboca nun cruce de camiños. O da esquerda está asfaltado: o de enfronte continúa polo bosque mantendo a dirección este – oeste. Colleremos o da dereita, cara ao norte, que se dirixe a cruzar un regato que vemos a uns 50 m É aquí onde existe un antigo pontón de laxas de granito, duns 10 ou 15 m de largo. A estructura é precaria pero segue en pé.

Cruzamos o regato seguindo adiante uns 100 m ata unha bifurcación. Nesta bifurcación temos dúas opcións. O ramal da dereita diríxese directamente a Cumbraos en pouco mais de un quilómetro, alcanzando a estrada uns metros antes da aldea. Si collemos este ramal debemos dirixirnos a igrexa e fortaleza de Cumbraos.

Nosoutros optamos polo ramal da esquerda, que pasa por debaixo duns enormes carballos e, segundo deixamos o bosque, colleremos un ramal que parte a nosa dereita seguindo 50 m ata acadar unha segunda bifurcación. Dende aquí, o ramal esquerdo levaríanos a Cumbraos dando un maior rodeo, pasando polo lugar de Casás do Monte, debendo optar polo ramal dereito que nos achega directamente ata a parte posterior da casa fortaleza de Cumbraos xunto a un cruceiro.

Xa nos atopamos en Cumbraos e, despois de visitar a pequena igrexa románica e a fortaleza continuamos cara ao centro do núcleo para mirar as antigas construccións volvendo a estrada para retomar a rota.

Seguimos dende aquí por esta estrada durante 2 km pasando de largo xunto a desviación que, por estrada, chega a Vilanova continuando pola estrada ata un punto xunto a uns pinos de repoboación. A esquerda vemos unha pista que procede do monte e a dereita vemos a súa continuación que baixa cara ao bosque.

Collemos, pois, o ramal dereito, descendente, que nos achegará nuns 300 m. ata os restos do castro de San Pedro do que unicamente veremos unha antiga ermida románica a cuxa esquerda, diseminadas sobre a rocha, poderemos observar tumbas antropomórficas de grandes dimensións. Atopámonos sobre unha grande superficie rochosa de forma esférica que evidencia a orixe pagá deste antigo enterramento. Seguimos o camiño ata San Pedro de Vilanova.

Entramos nesta aldea ata localizar un desvío a esquerda que collemos rumbo a Leborei. Despois duns 200 m. de pista asfaltada abandonámola nunha bifurcación de forma de Y, collendo o ramal da dereita, de terra, que nos leva nuns 500 m. ata a igrexa de Santa María de Leborei, que vemos a nosa esquerda. Pasamos xunto a ela e alcanzamos Leborei noutros 100 m.

Percorremos esta aldea ata chegar a un cruce de camiños. O da dereita levaríanos a Monterroso. Evitamos o que sae de fronte collendo o da esquerda que, a súa vez se bifurca nuns 20 m., xunto a unhas casas.

Desta bifurcación tomaremos o ramal dereito, sen asfaltar, un camiño ancho de terra que atravesa unha zoa de bosque autóctono e de repoboación durante 2 km. Non abandonaremos este camiño que, uns 500 m. antes de rematar, describe un xiro de 90º a dereita para finalmente chegar ao lugar de Tarrío de Novelúa, onde aparece o asfalto.

Cruzamos esta aldea sen meternos nela para alcanzar a estrada que se atopa ao outro lado do regato. Esta estrada levaríanos cara as terras de Ligonde e Guntín pola esquerda e Monterroso pola dereita.

Incorporámonos a ela cara a dereita seguíndoa 300 m. ata localizar un ramal que sobe cara a parroquia de San Cristovo de Novelúa, que vemos a nosa esquerda nun alto.

Merece a pena visitar este antigo castro para observar a peculiar igrexa románica. Existen varias casas grandes no lugar, unha das cales vemos a uns 200 m e cara a ela nos diriximos por unha pista asfaltada que arranca xusto dende a igrexa, paralela a estrada que se dirixe a Monterroso. Pasamos por diante desta enorme construcción rural rodeada de extensas praderías e continuamos uns 300 m máis para situarnos xunto aos restos doutra antiga vivenda, hoxe abandonada e ruinosa.

Neste punto, deixando as ruínas a nosa dereita, localizamos un camiño que se mete no bosque e por el nos diriximos uns 300 m.ata conectar con outro camiño perpendicularmente.

Xiramos a dereita neste punto para continuar por este segundo camiño que nos leva noutros 300 m. ata o lugar de Casas de Gai onde retomamos a estrada de Monterroso.

Agora xiraremos a esquerda e seguimos pola estrada uns 200 m. para tomar unha desviación a esquerda cara a aldea de Esteva. Xusto antes de tomar esta desviación, podemos mirar cara a dereita onde a 500 m. posiblemente exista outro lugar de enterramento ou culto pagá.

Retomamos a rota dende este cruce para dirixirnos a aldea de Esteva (Tuxide no mapa do I.G.N.). Despois duns 300 m a pista bifúrcase en forma de Y, collendo aquí o ramal dereito que baixa para cruzar un regato e, sobe a continuación, levándonos directamente a Esteva nuns 400 m.

Atravesamos esta aldea e despois de sobardar as primeiras casas a pista entronca con outra. Neste punto localizamos unha casa moderna, gris, de tellado de laxe, situada a nosa esquerda, na zoa máis elevada. Dirixímonos cara a ela e ao seu lado vermos un camiño que se dirixe a un taller por cuxo lado esquerdo continúa manténdose na marxe dun prado. Seguimos este camiño que remata no lugar de Lodeiro, xunto a unha antiga casona tradicional reconvertida en establecemento hoteleiro. O camiño desemboca directamente na parte traseira desta casa.

Rodeamos a finca desta casa polo lado esquerdo e seguindo o límite da mesma achegámonos a un pequeno regato que cruzamos sen problemas, deixando a casa a nosa dereita, ao fondo.

Unha vez atravesado o rego comeza unha pequena ascensión seguindo un antigo camiño, hoxe transformado en sendeiro con algúns tramos invadidos de silvas.

Aos 200 m de cruzar o regato atoparemos unha bifurcación collendo entonces o ramal dereito que se mete nun pequeno bosque. A nosa dereita , ao lonxe, distinguimos a fortaleza de Penas, final da nosa rota.

Chegamos a unha pista asfaltada, xirando entonces a dereita para dirixirnos a aldea de San Miguel de Penas, que atravesamos para chegar finalmente nuns 600 m a fortaleza onde remata esta andaina.


Texto extraído do libro: Senderos y caminos (35 rutas inéditas por Galicia) de Miguel Álvarez Soaje

Etiquetas: ,