Actividades en Andorra

23 de Xullo:     SOLDEU – SISCARÓ – SOLDEU

itinerario para ver en google earth

Desnivel: 700 m

Ruta circular partindo de Soldeu que descorre na primeira parte polo Vall d´Inclés, bordeando a serra de l´Orri. Logo pásase preto do refuxio de Siscaró en dende aquí sóbese pasando xunto aos lagos de Baix a o cimbro de Pas de Les Vaques dende o que temos unha vista espectacular.

Dende Pas de Les Vaques o camiño todo en baixada pola costa de Port Dret ata Soldeu.

24 de Xullo:       VAL DE RANSOL E PALA SERRERA

itinerario para ver en google earth

Desnivel: 1030 m

No remate da estrada que sobe polo val de Ransol, sae un camiño á esquerda que sobe polo val do río Dels´Meners. O camiño pasa xunto aos lagos de Ransol e Meners de la Coma para dende este último subir ao cume da Pala Serrera (2.912 m).

Dende o cume, en plena cordilleira de Pirineos, cara ao norte temos unha zona lacustre en territorio francés.

Baixamos de novo ao lago de Ransol, camiñando pola ladeira da esquerda ata o refuxio de Cóms de Jan para seguir un sendeiro que baixa ao punto de partida xunto a ponte do río Dels´Meners.

25 de Xullo      VALL DEL MADRIU – ESTANY DE ENGOLATERS

Desnivel: 700 m

O val de Madriu é Patrimonio Histórico da Humanidade pola UNESCO.

A saída sitúase a dous quilómetros de Andorra la Vella dende a estrada C.S. 101. Sigue o val cara arriba a través de bosque de ribeira, por calzada empedrada en grandes tramos. A partir da ponte d´Entremésaigües o val vaise abrindo seguindo o curso do río Madriu. Chegamos a fermosa braña de Ramio e seguimos o camiño ata o refuxio de Font Verd. Dende este lugar damos a volta ata preto de Ramio onde collemos un sendeiro que sae á dereita. Pasa por un bosque de piñeiros ata o Coll Jovell. Dende este cimbro o bosque é de caducifolios ata chegar ao lago de Engolaters.

26 de Xullo      PICO DE PESSÓNS

Desnivel: 860 m

Sáese da estación de esquí de Grau Roig en dirección sur oeste. Na primeira parte da subida seguimos o río Dels Pessóns ata o lago Primer onde hai un refuxio. Seguimos o val pasando xunto aos lagos Forcat e Rodó. No entretido camiñar entre lagos e lagoas chegamos aos lagos de Meligar e máis enriba o Cap dels Pessóns.

Dende este último dirixímonos ao cimbro de Pessóns no que xiramos á esquerda para seguir a liña do cordal ata o pico Pessóns (2.864 m).

Dende Pessóns partimos en dirección leste perdendo a mínima altura posible, para subir ao seguinte cume deste cordal, o Pic de Montmalús (2.782 m) dende o cal facemos un xiro ao norte para baixar a través da Coma Estremera ata a estación de Grau Roig.

Etiquetas: , ,